Seleccionar página

Tras tres meses de folga indefinida dos funcionarios da Administración de Xustiza galega, o pasado oito de maio suspendeuse o paro indefinido. A folga paralizou – en palabras do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia – uns 17.000 xuízos e actos xurisdicionais. Os Xulgados da provincia da Coruña foron os máis afectados, segundo a súa opinión.

Transcorreron case dúas semanas desde que se alzou o paro indefinido e vaise recuperando progresivamente o ritmo de traballo nos Xulgados e Tribunais de Galicia. A situación vivida durante estes tres meses de inactividade da Administración de Xustiza supuxo un dano enorme para a cidadanía galega e para todos os profesionais que traballamos no sector legal.

Esperamos non volver sufrir unha situación similar, nin volver ser reféns dos conflitos laborais entre a Administración de Xustiza e os seus traballadores.

Etiquetas: , , ,

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.